Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Entrega de catro casos prácticos ao longo do cuatrimestre, de acordo coa metodoloxía que se indique ao comenzo do curso.
Para acollerse ao sistema de avaliación continuada é necesario entregar un mínimo de tres casos prácticos (dos catro propostos).
Os casos obxecto de avaliación continuada realizaranse e entregaranse necesariamente nas datas establecidas no seu momento no cronograma da materia.
30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Para os estudantes que fixeron a avaliación continuada haberá un exame final de contido teórico e modalidade escrita. Constará de tres preguntas sobre algunhas das leccións do programa e que foron abordadas na sesión maxistral ou nas clases prácticas.
Este exame final terá unha calificación numéricoa de 0 a 10. Para poder superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final, con independencia do valor ponderado que ten na cualificación final da materia.
60
Outras Asistencia e participación activa que demostre o interese e seguimento dos contidos da materia. Será avaliada cando o/a estudante asista polo menos ao 80% das sesións presenciais (maxistrais e prácticas). 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Primeira oportunidade (maio)


1. Os/as estudantes que se acollan ao sistema de avaliación continuada, serán avaliados nesta primeira oportunidade consonte aos criterios e ponderacións previamente establecidos.


2. Modalidade de avaliación continua sen presencialidade con causa xustificada: os/as estudantes que por causa documentalmente xustificada non poidan aistir ás sesións presenciais serán avaliados consonte aos seguientes criterios:


- entrega de casos prácticos: 30%


- exame final teórico escrito: 70%


3. Os/as estudantes que non se acollan á avaliación continua, serán avaliados cun exame final teórico-práctico (modalidade escrita) que constituirá o 100% da nota final. O exame componse de dúas partes: na primeira parte o/a estudante debe resolver un caso práctico, que supón o 60% da cualificación final. Na segunda parte, o/a estudante deberá respostar a dúas preguntas teóricas de resposta longa, correspondentes a epígrafes das leccións do programa da materia, que supón o 40% restante da cualificación final. Para superar a materia é necesario superar cada unha das dúas partes.


B) Segunda oportunidade (xullo)


1. Os/as estudantes que fixeran a avaliación continuada (presencialidade e entrega de casos prácticos) podrán presentarse ao examen final teórico en caso de ter suspendido a materia na primeira oportunidade. Conservarase a cualificación da avaliación continua sempre que a cualificación media do conxunto sexa, segundo unha cualificación numérica entre 0 e 10, superior a 5 puntos.


2. Os estudantes que non seguiron ou non superaron a avaliación continua teñen dereito a un exame final teórico-práctico (modalidade escrita) no que se avaliarán as competencias globais da materia e co que se poderá acadar o 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000