Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Metodoloxía onde o/a estudante enfróntase ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto polo/a estudante a título individual. O caso práctico consiste nun problema concreto, que lle describe unha situación real da vida profesional referente ao campo particular do Dereito penal de empresa. O/a estudante debe ser capaz de analizar os feitos, debe obrigatoriamente aplicar as normas penais e procesuais, a normativa extrapenal e asimesmo a xurisprudencia e doutrina relacionada coa situación do caso plantexado. Debe chegar a unha decisión xurídica razoada, extraendo as súas propias conclusións. A solución deberá ser presentada por escrito e mediante a metodoloxía que se sinalará ao comenzo do curso.
Ao longo do curso esixirase a realización de catro casos prácticos relacionados con bloques temáticos das leccións que compoñen o contido da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Plantexamento, debate e exposición en aula de conclusións alcanzadas en exercicios prácticos. A resolución de exercicios prácticos é complemento da lección maxistral. Os/as estudantes, durante as sesións presenciais intervirán oralmente, expoñendo a súa solución ou puntos de vista aos casos prácticos propostos, debatendo, no seu caso, coa profesora e os seus compañeiros/as. As discusións deben proporcionar ao estudante unha oportunidade para practicar a expresión oral e de recibir críticas constructivas. Valoraranse positivamente as intervencións dos/as estudantes na discusión exposta, tendo en conta os coñecementos e habilidades demostradas.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Eventos docentes e/ou divulgativos Recurso didáctico que consiste na proxección dunha película relacionada cunha ou varias leccións do programa. Tras un breve descanso, haberá unha explicación do tema correspondente, a cargo do docente responsable da materia ou doutro profesor/a invitado con posibilidade de coloquio posterior. Antes da proxección poranse a disposición dos estudantes os textos que o docente seleccione para a sesión ou sesións que lle corresponden. É conveniente que os/as alumnos/as lean eses textos antes da sesión. A data da proxección advertirase aos estudantes con antelación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir información e coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Na sesión maxistral, a docente introducirá aos estudantes nos aspectos básicos de cada tema ou lección. Como soporte ás explicacións, o docente proporcionará materiais (presentación power-point, sentenzas, extractos de obras doutrinais...) e, eventualmente, un esquema-guía cos puntos chave do desenvolvemento da súa explicación. Os materiais proporcionaranse a través da plataforma docente Faitic. En todo caso, a explicación do/a docente deberá ser complementada polo/a estudante tanto cos materiais que le foron proporcionados ao efecto, como pola consulta dalgún dos manuais que figuran na bilbiografía recomendada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000