Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito penal de empresa
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2013_14
Materia Dereito penal de empresa Código V03G020V01928
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Dereito público
Coordinador/a
Correo-e
Profesorado
Lago Calvo, Francisco José
Web
Descrición xeral Os contidos da materia constitúen unha exposición sistemática sobre os delitos e a responsabilidade xurídico-penal en que poden incorrer quen realizan actividades que son consideradas ilícitas e que están relacionadas coa empresa e o ámbito laboral. O obxectivo a conseguir na impartición da materia "Dereito penal de empresa" consiste, fundamentalmente, en axudar a identificar os conceptos teóricos básicos para que os/as alumnos/as poidan identificar, interpretar e razoar sobre os diferentes supostos delictuosos que se producen naquel ámbito, con vistas á capacitación para a toma de decisións no eido empresarial. Dominar as nocións esenciais do Dereito penal de empresa e as súas técnicas de interpretación resulta de especial utilidade para aqueles estudantes que orienten a súa actividade profesional á administración, organización e dirección de empresas, así como ao asesoramento empresarial e laboral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000