Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Creación e simulación de empresas
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Pensamento crítico e autocrítico
B3 Habilidades relacionadas co uso de aplicacións informáticas utilizadas na xestión empresarial
B5 Habilidades de comunicación oral e escrita
B6 Habilidades de comunicación a través de Internet e, dominio de ferramentas multimedia para a comunicación a distancia
B8 Comunicarse con fluidez no seu entorno, incluíndo competencias interpersoais de escoita activa, negociación, persuasión e presentación
B9 Capacidade de actuación eficaz dentro dun equipo de traballo
B10 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados
B11 Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa
B13 Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo
C1 Posuír e comprender coñecementos sobre as interrelacións existentes entre os distintos subsistemas que conforman o sistema empresarial
C3 Posuír e comprender coñecementos sobre os aspectos internos, funcións e procesos das organizacións incluíndo a súa natureza, estrutura, goberno, operativa e dirección.
C4 Posuír e comprender coñecementos sobre o marco económico que regula as actividades empresariais, e a correspondente normativa
C5 Posuír e comprender coñecementos sobre a relación entre a empresa e o seu entorno avaliando a súa repercusión na estratexia, comportamento, xestión e sustentabilidade empresarial
C6 Posuír e comprender coñecementos sobre os distintos procesos, procedementos e prácticas de xestión empresarial
C7 Posuír e comprender coñecementos sobre as principais técnicas instrumentais aplicadas ao ámbito empresarial
C10 Valorar, a partir dos rexistros relevantes de información, a situación e previsible evolución dunha empresa
C11 Tomar decisións estratéxicas utilizando diferentes tipos de modelos empresariais
C12 Solucionar de maneira eficaz problemas e tomar decisións utilizando métodos cuantitativos e cualitativos apropiados, incluíndo entre eles a identificación, formulación e solución dos problemas empresariais
C14 Elaborar os plans e políticas nas diferentes áreas funcionais das organizacións
C16 Habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante
D1 Xestión persoal efectiva en termos de tempo, planificación e comportamento, motivación e iniciativa tanto individual como empresarial
D2 Capacidade de lideranza, incluíndo empatía co resto de persoas
D3 Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos
D4 Compromiso ético no traballo
D5 Motivación pola calidade e mellora continua
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000