Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión do coñecemento e a innovación tecnolóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados O traballo consiste na elaboración dun plan de innovación seguindo o modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en FAITIC. Serán criterios de avaliación dos traballos os seguintes:

PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada coa maior das sancións segundo os Estatutos da Universidade de Vigo.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.

NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA

CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental

EXPOSICIÓN FINAL
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción
40 A2
A3
A4
B1
B2
C1
C3
D2
Outros Actitude proactiva a través da participación nas aulas teóricas e prácticas, lecturas complementarias ou exposicións. 10 A4
B1
B2
D2
Probas de tipo test O exame constará de 20 preguntas tipo test de resposta única, con 4 respostas posibles. Cada pregunta correcta suma 1 punto e cada erro resta 0.33 puntos.
Esta proba tipo test poderá sustituirse nalgunha das convocatorias por enunciados sobre os que o/a estudante deberé mostrar o seu acordo ou desacordo, e explicar os argumentos da súa resposta. Existen exemplos de ámbolos dous tipos de exames en faitic.
50 A3
B1
B2
C1
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é necesario aprobar o test e o traballo de
maneira independente.  É necesario obter un 50% da nota no traballo, por
tanto, así como un 50% da nota na proba tipo test. Estes son os mínimos para aprobar a materia.

Por
outro lado, a puntuación pola participación e realización de todas as
tarefas definidas mantense nas convocatorias do curso académico e non se
gardará para cursos sucesivos.

Calquera estudante que participe
no 15% das probas de avaliación do programa non poderá figurar nas
cualificacións finais como "non presentado".

Calendario de exames dispoñible en: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000