Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión do coñecemento e a innovación tecnolóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo consiste na elaboración dun plan de innovación seguindo o modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en FAITIC. Serán criterios de avaliación dos traballos os seguintes:

PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada sen contemplacións.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.

NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA

CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental

EXPOSICIÓN FINAL
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción
40
Outros Actitude proactiva na aula e lecturas complementarias. 10
Probas de tipo test O exame constará de 20 preguntas tipo test de resposta única, con 4 respostas posibles. Cada pregunta correcta suma 1 punto e cada erro resta 0.33 puntos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é necesario aprobar o test e o traballo de
maneira independente.  É necesario obter un 50% da nota no traballo, por
tanto, así como un 50% da nota na proba tipo test. Estes son os mínimos para aprobar a materia.

Por
outro lado, a puntuación pola participación e realización de todas as
tarefas definidas mantense nas convocatorias do curso académico e non se
gardará para cursos sucesivos.

Calquera estudante que participe
no 15% das probas de avaliación do programa non poderá figurar nas
cualificacións finais como "non presentado".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000