Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito do comercio internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio
Nas prácticas de laboratorio presentaránse, para a súa contestación por escrito e correspondente avaliación, cuestionarios sobre a materia explicada nas sesións maxistrais.
Avaliaráse tamén a acertada resolución ou prantexamento dos casos prácticos que se propoñan, a presentación de pequenos traballos ou informes previamente indicados polo profesor e, en xeral a activa participación neste tipo de sesións.
50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O exame final consistirá na presentación dunha batería de preguntas tipo test sobre a materia explicada nas sesións maxistrais que, no seu caso, poderán ser combinadas con outras cuestións que se prantexen relativas á materia, que deberán ser desenvolvidas por escrito polo alumno.. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O exame final terá un valor máximo de 5 puntos sobre a nota final computada sobre 10. Deses 5 puntos, 0,5 puntos outorgaránse, a criterio do profesor, aos estudantes que teñan unha participación mais activa nas clases teóricas e prácticas.


O traballo contínuo nas prácticas terá un valor máximo de 5 puntos sobre a nota final computada sobre 10. Cada unha das prácticas previstas computará sobre a nota final. A nota acadada neste apartado, gardaráse, no seu caso para o exame do mes de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000