Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Valoración de activos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta O estudante realizará unha proba de resposta curta ao concluír cada un dos catro primeiros temas. Cada tema valórase cun punto sempre que se responda adecuadamente polo menos ao 70% das cuestións. É requisito indispensable superar a proba do tema anterior para poder realizar a do seguinte. Se consegue alcanzar os 4 puntos, isto é, superar as probas do catro primeiros temas, o estudante ten a posibilidade de realizar unha proba do total da materia ao finalizar o quinto tema, que inclúe cuestións relativas aos cinco temas tratados, e que se valora con 6 puntos. 50 B1
B2
B3
B4
B5
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C7
C16
D3
D4
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento No exame final o estudante debe demostrar ter adquirido e comprendido os contidos teóricos e prácticos do conxunto da materia. Ten un valor de 10 puntos para os estudantes que non seguisen a avaliación continua e, para os que a seguiron, o valor dependerá da cualificación obtida na avaliación continua. Isto é, se en avaliación continua unicamente supérase ata o tema 2, o exame final valórase sobre 8, mantendo os 2 puntos da avaliación continua, en xeral será (10-C), sendo C a nota alcanzada en avaliación continua. Este mesmo criterio é aplicable aos estudantes que se presenten ao exame final a pesar de superar a materia por avaliación continua.
50 B1
B2
B4
B5
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C7
C11
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames pódense consultar na Web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.

O criterio de avaliación mantense na convocatoria de xullo, conservándose as notas da avaliación continua.


As diferenzas entre sistemas de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en canto a tipo de grupos, e número medio de alumnos por grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000