Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A entrega previa das propostas de solución das prácticas de laboratorio non terá
puntuación propia pero será necesario ter entregado alomenos 6 para obter
puntuación nas probas test.
0
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaráse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada sesión maxistral.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo ó que pertence cada alumno teña entregado alomenos 6 propostas de solución das Prácticas de Laboratorio.
30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o alumno deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos ata ese momento
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e arelativa ó IS cun máximo de 3 puntos
70
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Rematada a docencia presencial, aqueles alumnos que non teñan superada a materia por avaliación contínua deberán realizar unha proba escrita que consistirá na resolución de casos prácticos de liquidación do IRPF e do Imposto de Sociedades. O alumno deberá resolver de xeito individualizado os casos propostos xustificando as decisións adoptadas.
Esta proba escrita final avaliaráse cunha puntuación máxima de 10 puntos.
0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para supera-la asignatura por avaliación contínua será necesario obter alomenos 5 puntos na suma das dúas
metodoloxías de avaliación propostas (probas test e probas prácticas presenciais escritas).
A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas suporá que o alumno deixa de ser avaliado en
avaliación continua. Tamén deixará de ser avaliado se non acada alomenos un 25% da nota en xogo en cada un dos
apartados puntuables.
A nota final por avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.
Aqueles alumnos que non teñan superado a materia por avaliación continua terán a opción de presentarse a un examen
final. Este examen valerá o 100% da nota, e a calificación obtida sustituirá á obtida en avaliación continua.  En caso de non
presentarse, a nota será a obtida en avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000