Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e avaliación.
Sesión maxistral Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria. Posteriormente o alumno deberá revisar de xeito autónomo os contidos expostos.
Prácticas de laboratorio As sesións prácticas terán lugar en aulas-seminario.
En cada sesión proporánse casos a estudar en grupos reducidos (de 3 ou 4 alumnos) conformados ó inicio do curso.
Cada grupo deberá comentar, resolver e defender os casos plantexados.
Os alumnos disporán previamente dos enunciados dos casos a través da Plataforma Tema e deberán elaborar no seu grupo reducido unha primeira proposta de solución xustificada que deberá ser entregada a través da Plataforma Tema antes do desenvolvemento da sesión presencial.
Prácticas en aulas de informática As sesións prácticas en aula informática faránse de xeito individualizado e consistirán na resolución dun caso práctico empregando as aplicacións informáticas da Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento os alumnos disporán previamente do enunciado do caso na Plataforma
Tema.
Prácticas autónomas a través de TIC Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na Plataforma Tema, relativo ós contidos desenvoltos na sesión maxistral.
Trátase de actividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do alumno, que
deberá responder nos prazos sinalados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000