Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Macroeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Para levar a cabo a avaliación continua realizaranse ao longo do curso varias probas sobre os diferentes temas que inclúe a asignatura. 40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C9
C16
D1
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. O examén evaluará toda a materia exposta ao longo do curso. 60 A2
B1
B2
B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª convocatoria o alumno/a terá a posibilidade de superar a materia a través da avaliación continua sempre que en cada proba obteña unha cualificación maior ou igual a 4 puntos sobre 10.

Se o alumno/a non realizou a avaliación continua ou quere mellorar a cualificación obtida a través desta, poderá presentarse ao exame final escrito. Nese caso, a nota final da materia resultará da suma ponderada da nota obtida na avaliación continua, que supoñerá un 40% da nota final, e a nota obtida no exame escrito, que valerá o 60% restante da nota final. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na 2ª convocatoria manterase este mesmo criterio; é dicir, a nota da avaliación continua pondérase por un 40% e a nota do exame escrito por un 60%.

Avaliación continua:

O 40% (no caso de optar por presentarse ao exame final) ou o 100% da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia tanto ás clases teóricas coma ás clases prácticas e a nota das probas que se realizan ao longo do curso. Concretamente, a puntuación será a seguinte:

- Ata 10 puntos polas notas das probas realizadas.

A asistencia ás clases teóricas e clases prácticas é obrigatoria para poder realizar unha avaliación continua, polo que a ausencia inxustificada será penalizada segundo os seguintes criterios:

    • 0-3 faltas sen xustificar: Non se restan puntos.
    • 4-5 faltas sen xustificar: 1 punto menos.
    • 6-7 faltas sen xustificar: 2 puntos menos.
    • A partir de 8 faltas sen xustificar: A puntuación da avaliación continua reducirase en 2 puntos por cada nova falta


Exame escrito (ata 6 puntos)

:

Realizarase un exame final escrito, no caso de que o alumno/a non realizase a avaliación continua ou desexe mellorar a cualificación obtida nela, que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. Será necesario, para poder superar a materia, alcanzar unha nota de 5 puntos sobre 10 no exame.

Os alumnos que non realicen a avaliación continua nin o exame final teñen dereito a figurar en actas como "non presentados"


NOTA IMPORTANTE SOBRE A 2ª CONVOCATORIA:


A cualificación que obtivesen os alumnos pola avaliación continua manterase na 2ª convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000