Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Pode ser obxecto de avaliación calquera actividade realizada na aula. 10 C6
C14
Resolución de problemas Avalíase a adecuada capacidade do alumno de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos, o desempeño dentro dun equipo de traballo, o traballo autónomo e a comunicación oral e escrita, entre outros. Só poderanse entregar actividades nas datas e sesións establecidas. 30 B1
B5
C6
C14
Outras Unha vez finalizada a docencia presencial o alumno deberá realizar unha proba escrita que consistirá en responder a preguntas tipo test ou doutro tipo sobre aspectos concretos do contido da materia. 60 B1
C6
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia requírese satisfacer dúas condicións: (1) obter unha puntuación mínima de 5 puntos no conxunto
das probas a avaliar e (2) obter como mínimo 2 puntos sobre 6 en próbaa tipo test para sumar o resto das probas avaliables.
A puntuación obtida pola participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo profesor (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias, …), mantense nas convocatorias de maio e xullo do curso académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos.
Os alumnos que non sigan a avaliación continua serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10 puntos que non necesariamente coincidirá coa do resto dos alumnos. Considerarase que os alumnos que asistan a un 20% das prácticas están a realizar avaliación continua.
DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS:

1. Puntualidade. Non se permitirá o acceso e saída a clase unha vez que o profesor entrase na aula.

2. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, computadores
portátiles ou similares durante as sesións de traballo. Estes deben estar
desconectados.

3. Non está permitido comer nin beber (salvo auga) en clase.

4. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario (tales como manual, apuntamentos, enunciado da práctica, entre outros.)

5. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas.

6.
É imprescindible coidar a gramática, redacción e ortografía das
actividades entregadas. O incumprimento desta norma levará a invalidación das actividades.

7. Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.

8. O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I ou pasaporte, non sendo válido ningún outro documento.

9. A revisión de exames terá lugar unicamente no horario e lugar establecido polo profesor.

En caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor poderá adoptar as medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente.

As datas de exames deberán ser consultadas na Páxina web da Facultade:

http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201718.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000