Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de recursos humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase a comprensión da materia, a aplicacion de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos, na realización de presentacions, resolución de problemas, casos e exercicios nun tempo e condicions establecidos polo profesor/a (10% participación do alumnado nas clases, e 40% calidade do contido do traballo).
A aplicación desta técnica será presencial e correspóndese coas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
50 B1
B2
B3
B5
B8
B9
B10
B13
B14
C3
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D4
Outras Resolución dunha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias de coñecemento, destreza na práctica, na que se inclúen preguntas de desenvolvemento, preguntas cortas, problemas, e/ou actividades a resolver nas que o alumno debe plasmar os coñecementos teóricos e prácticos da materia 50 B1
B5
B10
B13
B14
C3
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota obtida polo alumno nas distintas actividades, a excepción da proba final, terá vixencia para as convocatorias ás que da dereito a matrícula de cada curso académico.


As actividades de avaliación continua só se poderán entregar nas datas e sesións establecidas; ademais poderanse facer probas de avaliación continua o longo do semestre, debiendo cada alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas. O cambio de grupo neste caso deberá ser autorizado por el profesor/a.


Os exames das convocatorias ordinarias e extraordnarias de esta materia terán lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.


IMPORTANTE:  O calendario de exames publícase ó inicio do curso polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, pero dito calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da facultade, por se hai cambios. (http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201415.html)


RELACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS:


1. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.


2. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase.


3. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento.


4. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas.


5. Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.


6. O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento.


7. Tódolos exames deberán ser entregados a súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.


8. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a.


No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptalas medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000