Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de recursos humanos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións Presentación e/ou exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo segundo a proposta do profesor
Traballos tutelados O estudantado, de forma individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. Tratarase dunha actividade en grupo ou individual na que o alumnado recolle información, manexa bibliografía, elabora docimentacions, etc.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, resolución, presentación e debate de exercicios/cuestións/problemas por parte do alumno, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesor
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver de forma autónoma a análise e a resolución dos problemas e/ou exercicios
Titoría en grupo Reunións que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento, desenvolvemento e supervisión de actividades da materia no proceso de aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Exercicios de aplicación práctica de diversas técnicas por parte do alumno a través das TIC en aulas de informática, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesor
Estudos/actividades previos Traballo autónomo do alumno que consistirá na procura, lectura e traballo de documentación, preparación e propostas de resolución de problemas e/ou exercicios, así como na preparación de probas avaliables
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicios ou proxectos que debe desenvolver o estudante
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000