Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica será presencial.
Correspóndense coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
40
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A evaluación do alumno realizarase do seguinte xeito:

- Exame final (60% da nota final, 6 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre (venres 9 de xaneiro de 2015 ás 10:00 h. no lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais), que constará dunha parte teórica y unha parte práctica. Para superar o examen será necesario obter unha nota igual ou superior a 3 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada en cada unhas das partes teórica e práctica.

- Asistencia e traballos realizados en grupo nas prácticas (40% da nota final, 4 puntos).

Para superar a materia, é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia.

No caso de superar o exame, a nota final da materia resulta da suma da nota acadada no exame e a notas dos traballos realizados nas prácticas.

No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame nunha escala de 10 puntos.

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. O exame da convocatoria extraordinaria terá lugar o xoves 26 de xullo de 2015 ás 13:00 no lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

IMPORTANTE: O calendario de exames pode ser modificado ó longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais por se hai cambios.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000