Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Contabilidade financeira I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 20
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia 70
Observación sistemática Técnicas destinadas a recompilar datos sobre a participación do alumno, baseados nun listado de condutas ou criterios operativos que faciliten a obtención de datos cuantificables 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Durante todo o curso o alumno será obxecto de probas escritas a fin de coñecer o seu grado de avance na materia, tanto como instrumento de autoevaluación como por parte do profesor. Estas probas serán obxecto de cualificación que configurarán o 20% da nota.  O 10% outorgarase pola disposición do alumno ante a materia (asistencia, participación, actitud, ...). O 70% restante derivarase dun exame escrito de carácter global que se celebrará ao final do curso, convocatorias de maio/xullo. Para superar a asignatura será preciso obter na proba final unha nota mínima de 4 sobre 10; en caso contrario, a nota máxima global que se poderá obter será un 4,5.  Para a segunda convocatoria, de presentarse, manteranse as cualificacións correspondentes á Observación sistemática e á Resolución de exercicios de forma autónoma.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000