Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito mercantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Nos seminarios se realizarán traballos en grupo, tutelados polo profesor. O traballo, ademáis de entregalo por escrito, deberá ser exposto oralmente na aula. No seminario tamén faráse un seguemento dos coñecementos adquiridos polo alumno, resolvendo as súas dúbidas.
Prácticas de laboratorio As clases prácticas consistirán, principalmente, na resolución de problemas xurídicos que xurdan dun suposto práctico. Nelas o alumno terá a oportunidade de profundizar, guiado polo profesor, nos distintos temas que integran o programa da asignatura. O alumno deberá manexar directamente os textos legais, e responder de forma fundada as distintas cuestións plantexadas en relación cos problemas que se susciten.
Tamén procederáse á contestación escrita polo alumno de cuestionarios de distinto formato relativos á materia explicada nas sesións maxistrais.
Sesión maxistral Na clase maxistral o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes dos distintos temas que integran o programa da asignatura. O obxectivo é que ditas clases constitúan unha base de coñecemento que deberá ser completada por outras vías, tales como a realización de casos prácticos, actividades de seminario, lecturas recomendadas, estudo personal, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000