Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación dos contidos máis relevantes e de maior dificultade conceptual. Selección de exemplos para clarificar conceptos.
Distribución: 15 sesións de 1 hora e media cada unha.
Carácter presencial
Resolución de problemas Resolución de problemas sobre operacións financeiras.
Plantéanse dúas modalidades de exercicios e casos:
a) Con resolución tutelada polo docente, tras un previo debate de propostas entre os estudantes.
b) Con resolución autónoma, como evidencia do progreso de aprendizaxe de cada estudante.
Nas prácticas inclúense exercicios de tipo básico, intermedio e avanzado.
Distribución: 9 sesións de 2 horas e media cada unha.
Carácter presencial
Titoría en grupo Realízanse dúas titorías en grupo durante o curso, cun dobre obxectivo:
a) Resolución de dúbidas sobre o programa impartido.
b) Control de competencias de coñecemento e destreza na práctica, a través de dúas probas de nivel básico, que forman parte da avaliación continua.
Primeira proba: temas 1, 2, 3 e 4.
Segunda proba: temas restantes.
Distribución: 2 sesións (a metade de curso e a final de curso) de 2 horas e media cada unha.
Carácter presencial
Outros Cada estudante dispón dun curso en liña, denominado MOF Virtu@l.
Este recurso dixital pretende flexibilizar, afianzar e personalizar a súa aprendizaxe en matemática das operacións financeiras. Segue o programa da materia e o ritmo das clases presenciais.
Inclúe todas as unidades didácticas do programa, en soporte dixital e en formato pdf, con obxectivos de aprendizaxe, autoevaluaciones, exemplos de cada concepto, glosarios, enunciados de prácticas, actividades propostas e bibliografía. Ademais, ao final de cada unidade didáctica, o estudante pode comprobar o nivel de progreso alcanzado en cada tema, realizando tests de autoevaluación con retroalimentación personalizada.
Carácter non presencial (aula virtual)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000