Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula, por parte do docente, dos contidos máis relevantes e de maior dificultade conceptual.
Selección de exemplos básicos para clarificar conceptos.
Distribución: 15 sesións de 1 hora e media cada unha.
Resolución de problemas e/ou exercicios Nos seminarios prácticos proponse:
a) Exercicios con resolución guiada polo profesor, tras un previo debate de formulacións entre os alumnos.
b) Exercicios con resolución autónoma, que son parte da avaliación formativa do alumno.
c) Traballos en equipo en sesións avanzadas.
Distribución: 9 sesións de 2 horas e media cada unha.
Titoría en grupo Resolución de dúbidas e preguntas sobre o contido impartido seguindo a secuencia de aprendizaxe.
Preparación para proba final.
Distribución: 2 sesións (a metade de curso e a final de curso) de 2 horas e media cada unha.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000