Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Actividades básicas presenciais: Avaliarase a asistencia e o nivel de atención e comprensión dos contidos das sesións presenciais mediante un cuestionario para cada tema. 15
Prácticas de laboratorio Actividades básicas presenciais: Avaliarase a asistencia e o nivel de aproveitamento das sesións presenciais mediante un cuestionario e un exercicio de redacción para cada práctica. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividades complementarias de traballo persoal (non presencial) onde se avaliarán os resultados a través de cuestionarios de autoavaliación e exercicios de redacción. 20
Outros Actitude persoal, participación e nivel de seguimento do conxunto de actividades da materia (presenciais e non presenciais). 10
Probas de tipo test Actividades basicas de traballo persoal (non presencial) que inclue a realización de cuestionarios vinculados ás clases maxistrais e ás sesións prácticas de laboratorio. 20
Probas de resposta curta Actividades básicas de traballo persoal consistente en responder por escrito, de forma sintética, ás preguntas relevantes de cada tema do programa (desenvolto nas sesións maxistrais). 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Actividades básicas de traballo persoal (non presencial) consistentes en relacionar os resultados do conxunto das actividades da materia, tanto dos contidos teóricos como prácticos. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia será continua.
Cando non proceda a avaliación continua, realizarase un exame final que poderá incluír preguntas de tipo test, de resposta curta ou de desenvolvemento, similares ao sistema de avaliación descrito anteriormente. A puntuación acadada no Exame Final representará como máximo un 60 por cento da Cualificación Final.
Os estudantes que non fagan a avaliación continua nin o exame final, figurarán nas actas como non presentados.

O exame correspondente á segunda convocatoria seguirá o mesmo modelo e criterios de cualificación que o exame final.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000