Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais forman parte das Actividades Básicas da Materia. En cada unha das sesións, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa. Tomárase como punto de partida as preguntas destacadas en cada un dos temas, así como os resultados e conclusións que se vaian acadando simultaneamente nas outras actividades docentes relacionadas co tema.
Será labor do docente aportar as ideas centrais e e criterios de organización e interpretación da información necesarios para que o estudante conteste individualmente ás preguntas relevantes.
Para asegurar o seguimento e comprensión e valorar a asistencia, ao finalizar á lección maxistral, o estudante deberá responder na propia aula a un Cuestionario de Autoavaliación, que poderá logo revisar e mellorar mediante o seu traballo persoal.
Prácticas de laboratorio
As prácticas de laboratorio forman parte das Actividades Básicas. As sesións prácticas terán lugar nas aulas de informática. En cada unha delas o alumnado realizará un exercicio en que deberá aprender a manexar información estatística para o estudo da economía mundial e de España.
Con ditos exercicios o estudantado aprenderá a organizar a información e a sintetizar os datos en indicadores relevantes (PIB, poboación, PIB per cápita, coeficiente de apertura, taxa de actividade, taxa de desemprego, gasto público, produtividade etc.). Iso esixirá a realización de cálculos (taxas de variación, números índice, actualización de variables monetarias, taxas de participación) e a súa representación gráfica.
En cada sesión práctica, o estudante deberá responder a un cuestionario de autoavaliación e resumir os principais resultados mediante unha breve redacción.
Posteriormente, cada estudante deberá mellorar os resultados das prácticas presenciais mediante a realización de actividades de traballo persoal (cuestionarios e exercicios de redacción).
Titoría en grupo
Igualmente, constitúen parte das Actividades Básicas. As titorías faranse nas aulas informáticas. Estas actividades están orientadas a coordinar os contidos teóricos e prácticos e as actividades presenciais coas non presenciais. Básicamente, consistirá en que o alumnado deberá presentar ao titor os seus resultados dos exercicios propostos, así como consultarlle as súas dúbidas. Estas titorías en grupo poden ser complementadas con unha atención máis individualizada (titorías persoais ou comunicación por correo electrónico).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Durante o curso, proporáselle cada semana ao alumnado un conxunto de actividades para reforzar o proceso de aprendizaxe das sesións teóricas e prácticas. Unha parte terá a consideración de Actividades Básicas, que o estudante deberá realizar para poder superar a materia pola vía da Avaliación Continua. Outras, denominadas Actividades Complementarias, terán carácter voluntario e permitirán ao estudante mellorar a súa cualificación final.

Ambos os dous tipos de actividades poden incluir a realización de exercicios numéricos, cuestionarios, lecturas e redaccións. Trátase sempre de actividades de traballo persoal (non presencial). Mediante as ferramentas da plataforma Tem@, cada actividade proposta irá sempre acompañada dun cuestionario de autoavaliación e unha redacción que sintetice os conclusións principais. Os resultados da actividade deberán quedar gravados na Plataforma Tem@.
Outros A través da plataforma Tem@ proporáselle ao estudantado un conxunto de lecturas. Normalmente, escolleranse aquelas que sexa factible poñelas a disposición en formato electrónico a través desta plataforma. Cada unha delas estará relacionada con cada un dos temas do programa.

De cara a verificar a comprensión das ideas máis relevantes, cada lectura irá acompañada dun cuestionario accesible a través da plataforma Tem@. Os resultados destes poderán ser examinados polos diferentes titores/as e servir de base para o seu debate nalgunhas sesións teóricas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000