Guia docente 2016_17
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Aínda que non hai ningún requisito formal para o seguimento da materia, sería conveniente que o alumnado tivera: 1. Coñecementos básicos de xeografía e historia contemporánea de Occidente (grandes procesos e feitos máis relevantes). 2. Certos coñecementos e experiencia na realización de esquemas, mapas conceptuales, resumo e síntese. 3. Manexo básico de follas de cálculo (ex.: Excel), procesadores de texto (ex.: Word), TIC. 4. Certa experiencia na procura de información e bases de datos en Internet. Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levan a cabo co alumnado na materia, e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso académico, derivados da dinámica da clase e do grupo de destinatarios real, ou pola relevancia das situacións que poidesen xurdir. Así mesmo, achegaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. Utilizarase para elo a plataforma TEMA (CLAROLINE) en faitic.uvigo.es.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000