Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula En cada sesión:
Mídese a comprensión do material entregado para a súa lectura.
Mídese a organización da información contida na lectura
Mídese o esquema ou resumo realizada do contido da lectura.
Mídese a exposición oral razonada do material leído.
Mediráse o nivel de profundización dos contidos dos materiais traballados polo alumnado.
30
Outras Consistirá nunha proba o final do cuatrimestre, que combina preguntas de resposta curta e preguntas de resposta longa.


70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A evaluación está dirixida a alumnas e alumnos de ensinanza presencial:


O traballo en aula (sesións de clases prácticas) forma parte da avaliación contínua e polo tanto a asistencia é obrigatoria. Para poder ser evaluada/o, débe asistir polo menos a  cinco sesións. A actividade desenvolvida nestas sesións proporciona o 30% da nota final.


As titorias en grupo son de asistencia obrigatoria.


Proba ou exámen final
Nas preguntas de resposta curta: o alumnado debe organizar, estructurar e presentar os coñecementos específicos sobre o aspecto ou questión que se pregunta de forma sintética.
Nas preguntas de resposta longa: o alumnado debe desenvolver os aspectos ou questións más relevantes do tema que se pregunta, ten que razonar, relacionar e estucturar a información dun modo coherente.
A cualificación obtida no proba ou examen final supondrá o 70 % da nota final.


A nota obtida polo alumnado na parte presencial terá vixencia nas convocatorias as que da dereito a matrícula de cada curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000