Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Introdución á historia económica mundial. Historia económica e crecemento económico. Periodización e conceptos económicos básicos para a análise histórica. Visión panorámica da historia económica de occidente.
Tema 2. As economías europeas preindustriais. As flutuacións seculares. Poboación, produción e distribución do produto agrario. Evolución do comercio e da manufactura.

Tema 3. A Revolución Industrial (1750-1870) e a segunda revolución tecnolóxica (1873-1973). Crecemento económico e marco institucional. O proceso de industrialización: factores de produción e innovacións. Revolución industrial e a difusión da industrialización.
Tema 4. As relacións económicas internacionais no século XIX (1870-1913). O comercio internacional. O movemento internacional de fatores. O sistema monetario internacional: o patrón ouro.
Tema 5. A economía internacional no século XX.
Os problemas económicos do período de entreguerras (1919-1939). A economía internacional na época dourada do capitalismo (1945-1973). A crise e as modificacións da economía mundial (1973-2000).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000