Guia docente 2013_14
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2013_14
Materia Historia: Historia económica Código V03G020V01103
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas
Coordinador/a
Facal Rodríguez, María Jesús Isabel
Correo-e cfacal@uvigo.es
Profesorado
Facal Rodríguez, María Jesús Isabel
Martínez Domínguez, María Blanca
Web
Descrición xeral Esta materia pretende:
– Mostrarlle ao alumnado os cambios económicos, industriais e organizativos ao longo da historia, usando ferramentas teóricas e empíricas doutras ramas da economía e das ciencias sociais próximas.
– Analizar o desenvolvemento da economía internacional e as grandes fases do crecemento económico moderno.
– Observar e analizar os efectos de acontecementos cruciais sobre a realidade socieconómica.
– Investigar as implicacións dos cambios nas institucións económicas de carácter global —por exemplo, o patrón ouro, os bloques comerciais, FMI, ou a OMC— e os efectos do cambio tecnolóxico a curto, medio e longo prazo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000