Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Consiste na resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións formuladas, guiadas e supervisadas polo profesorado sobre a disciplina. Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia. Inclúe a asistencia a todas as sesións, a entrega de informes, arquivos e proba/s escrita/s. Teranse en conta na avaliación unha vez se aprobe o exame teórico. 40
Probas de resposta curta Será necesario aprobar este apartado para aplicar porcentaxes e avaliar prácticas. Proba para avaliar as competencias adquiridas que inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. O estudante debe responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teña sobre a materia. Constará de preguntas curtas a nivel de concepto, enumeración ou resumo sintético sobre os contidos da materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario aprobar o exame teórico; a partir de aí aplicarase o criterio (60%-40% relativo a exame e prácticas). 


A táboa anterior refírese á avaliación continua seguindo o modelo de Bolonia. Na avaliación continua será obrigatoria a asistencia a un 80 % do total das clases salvo ausencia xustificada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000