Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas clases prácticas resolveranse exercicios que se lle proporcionarán ao alumnado con antelación para que os solucione antes da clase. De ese modo identificará aquelas cuestións que lle resultan máis dificultosas e poderá dirimir as súas dúbidas na clase. Tamén se realizará o seguimento da aprendizaxe do estudantado mediante pequenas probas e exercicios que terá que entregar.
Titoría en grupo Nos seminarios, en grupos reducidos, efectuaranse diversas actividades dirixidas a afianzar os coñecementos adquiridos polo estudantado nas clases teóricas e prácticas.
Sesión maxistral As clases teóricas impartiranse nas 15 semanas do cuadrimestre. Nelas exporanse de forma reducida os principais contidos dos distintos temas, desenvolvendo con máis detalle os puntos de maior complexidade. Para un adecuado seguimento e comprensión das clases é necesario que o alumnado lea con anticipación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000