Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Contidos
Tema Subtema
I.- Introdución

Tema 1. Pensar como un economista: conceptos básicos. Escaseza. Economía. Racionalidade. Eficiencia e equidade. Custo de oportunidade. Análise marxinal. Modelos económicos. Microeconomía e macroeconomía. O mercado. Adam Smith e a man invisible

Tema 2. Funcionamento dos mercados: elementos básicos de oferta e demanda. A curva de oferta, a curva de demanda e desprazamentos. Equilibrio e mecanismo do mercado. A elasticidade. Os mercados e a competencia

II.- A conduta dos consumidores


Tema 3. Os gustos, o presuposto e a elección do consumidor.
As cestas. Os gustos, a curva de indiferenza e a relación marxinal de substitución. A restrición presupostaria e as variacións de prezos e renda. A elección. Da demanda individual á demanda de mercado.
III.- A conduta da empresa



Tema 4. A produción: tecnoloxía e rendementos de escala. A función de produción. Produto medio e marxinal. Lei de rendementos marxinais decrecentes. Descrición dos rendementos de escala

Tema 5. Os custos de produción. Custo económico e custo contable. Custo de oportunidade. Custos irrecuperables. Custos fixos e variables. Da función de produción á curva de custo total. Custo fixo e variable. Custo medio e marxinal. O custo a longo prazo e a elección da combinación de factores que minimizan custos (recta isocusto, isocuanta e relación técnica de substitución, elección)

Tema 6. Maximización de beneficios e a oferta competitiva.

Ingreso total e beneficio. Ingreso marxinal, custo marxinal e maximización de beneficios. Maximizan as empresas os beneficios? A curva de custo marxinal e a decisión de oferta da empresa competitiva. A decisión de cerrar. A oferta individual e de mercado


IV. O funcionamento dos mercados competitivos e o benestar
Tema 7. O mecanismo de mercado competitivo e a política económica. Oferta e demanda. Equilibrio. Eficiencia do equilibrio competitivo. Excedente do consumidor e do produtor. Intervención pública con controis de prezos (máximos e mínimos) e impostos. Efectos sobre o mecanismo de mercado e sobre o benestar


V. Por que non funcionan os mercados Tema 8. O poder de mercado. Monopolio natural e barreiras á entrada. Decisións de produción e prezos. O ingreso e a maximización dos beneficios. O custo do monopolio en termos de benestar. Oligopolio e competencia monopolística. Efectos sobre o benestar social. A actitude dos poderes públicos ante o exercicio do poder de mercado

Tema 9. Externalidades, bens públicos e información asimétrica.

Externalidades e a ineficiencia do mercado. Solucións privadas e políticas públicas. Bens públicos fronte a outros bens. O problema do parasito. A traxedia dos bens comunais. Os dereitos de propiedade. A información asimétrica: selección adversa e risco moral

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000