Guia docente 2011_12
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Biodiversidade e Ecosistemas
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 CG1. Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
  A2 CG2. Capacidade de análise e síntese.
  A3 CG3. Utilización de criterios e métodos científicos para realizar deseños experimentais
  A4 CG4. Aprender diversas técnicas e métodos analíticos tanto no campo como no laboratorio.
  A5 CG5. Aprender a comunicar e discutir resultados en ecoloxía.
  A6 CG6. Desenvolvemento da curiosidade científica, da iniciativa e a creatividade.
  A7 CG7. Procurar, analizar e comprender información, incluíndo a capacidade de interpretación e avaliación.
  A8 CG8. Capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma.
  A9 CG9. Aprender a colaborar e a traballar en equipo.
  A10 CG10. Entendemento da proxección social da ciencia.
  A11 CE1. Adquirir coñecementos sobre os termos e conceptos fundamentais de deseño experimental e de estatística.
  A12 CE2. Coñecer as técnicas de obtención, rexistro, procesado, validación e análise de datos de campo e laboratorio.
  A13 CE3. Manexar programas informáticos para o procesado e a análise espacial cuantitativa, e aplicar estas técnicas a diversas áreas da investigación como son a ecoloxía ou a dendrocronoloxía.
  A14 CE4. Comprender e manexar os aspectos básicos da nomenclatura zoolóxica.
  A15 CE5. Coñecer a diversidade animal das comunidades terrestres, mariñas e dulceacuícolas e as adaptacións aos ambientes en que viven.
  A16 CE6. Coñecer as estratexias vitais e ciclos de vida de diversos organismos en diferentes ambientes.
  A17 CE7. Coñecer e comprender a importancia das interaccións dos organismos e o ambiente.
  A18 CE8. Comprender o funcionamento dos ecosistemas terrestres, dulceacuícolas, mariños e costeiros a distintos niveis: ecosistema, comunidades e poboacións.
  A19 CE9. Coñecer os principais índices biolóxicos utilizados como ferramenta fundamental para o control da calidade de augas.
  A20 CE10. Coñecer as características dos bioindicadores e biomonitores.
  A21 CE11. Deseñar un estudo integrado de avaliación da contaminación nos ecosistemas terrestres, dulceacuícolas, mariños e costeiros, incluíndo as variables a medir e as mostras a recoller.
  A22 CE12. Coñecer e aplicar principios e técnicas para aumentar a diversidade biolóxica mediante enxeñaría ecolóxica.
  A23 CE13. Deseñar e planificar a xestión, conservación e restauración da diversidade biolóxica.
  A24 CE14. Coñecer e caracterizar os efectos dos residuos orgánicos no medio.
  A25 CE15. Aprender e coñecer os procesos e tecnoloxías para o tratamento da descontaminación e/ou reutilización dos residuos orgánicos.
  A26 CE16. Realizar estudos para coñecer os principais efectos do cambio global sobre os distintos ecosistemas, así como os que se prevé que ocorrerán no futuro.
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000