Guia docente 2010_11
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 CEC1.- Saber buscar e analizar a biodiversidade de microorganismos, plantas e animais, así como seleccionar os de maior interese biotecnolóxica (aplicada).
  A2 CEC2.- Ter unha visión integrada do metabolismo e do control da expresión xénica para poder abordar a súa manipulación.
  A3 CEC3.- Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos, plantas e animais e saber manipulalos de cara á súa aplicación biotecnolóxica.
  A4 CEC4.- Coñecer e saber usar as técnicas de cultivo e a enxeñaría celular.
  A5 CEC5.- Coñecer os principios da xenómica e a proteómica.
  A6 CEC6.- Coñecer e saber aplicar en biotecnoloxía técnicas convencionais, instrumentais así como tecnoloxías como a nanotecnoloxía e a teledetección.
  A7 CEC7.- Saber buscar, obter e interpretar a información das bases de datos biolóxicas: xenómicas proteómicas, transcriptómicas e metabolómicas e utilizar as ferramentas básicas da bioinformática.
  A8 CEC8.- Coñecer as bases do deseño e funcionamento dun biorreactor.
  A9 CEC9.- Saber deseñar e executar un protocolo completo de purificación dunha molécula, orgánulo ou fracción celular.
  A10 CEC10.- Saber realizar o deseño, planificación, avaliación e optimización de sistemas de produción biotecnolóxicos.
  A11 CEC11.- Deseñar e xestionar proxectos de base biotecnolóxica.
  A12 CEC12.- Coñecer e saber aplicar os sistemas de control de calidade vixentes.
  A13 CEC13.- Saber xestionar e traballar con garantías en calquera laboratorio biotecnolóxico do ámbito público ou privado.
  A14 CEC14.- Ter unha visión integrada dos procesos de I+D+I desde o descubrimento de novos coñecementos básicos ata o desenvolvemento de aplicacións concretas deste coñecemento e a introdución no mercado de novos produtos biotecnolóxicos.
  A15 CEC15.- Saber deseñar unha investigación prospectiva de mercado para un produto biotecnolóxico.
  A16 CEC16.- Coñecer e analizar os aspectos financeiros que se están a expandir no mercado biotecnolóxico.
  A17 CEC17.- Saber buscar e obter información das principais bases de datos sobre patentes e elaborar a memoria de solicitude dunha patente dun proceso biotecnolóxico.
  A18 CEC18.- Posuír un amplo coñecemento dos aspectos éticos e legais que afectan ás diferentes disciplinas relacionadas coa biotecnoloxía.
  A19 CEC19.- Coñecer todos os aspectos legais no ámbito da biotecnoloxía.
  A20 CEC20.- Saber implantar os sistemas de calidade e seguridade en laboratorios e empresas de acordo coas normativas vixentes.
  A21 CEO1.- Coñecer os recursos microbianos, vexetais e animais de interese biotecnolóxica, así como as súas aplicacións na industria alimentaria e agropecuaria.
  A22 CEO2.- Coñecer, saber deseñar e controlar os procesos de produción nas industrias alimentaria e agropecuaria.
  A23 CEO3.- Coñecer as técnicas de análise de alimentos e as súas aplicacións.
  A24 CEO4.- Coñecer as estratexias de produción e mellora de alimentos por métodos biotecnolóxicos.
  A25 CEO5.- Coñecer e saber implantar os procesos de control de calidade, control de puntos críticos e trazabilidade nas industrias agroalimentarias.
  A26 CEO6.- Coñecer as aplicacións da biotecnoloxía ao desenvolvemento sostible.
  A27 CEO7.- Coñecer a problemática da contaminación ambiental e saber facer avaliacións de impacto ambiental.
  A28 CEO8.- Coñecer e saber aplicar as técnicas de detección e tratamento da contaminación ambiental.
  A29 CEO9.- Coñecer e saber aplicar as técnicas de biorremedación e biorrecuperación de ambientes contaminados.
  A30 CEO10.- Coñecer e saber empregar as medidas de prevención e xestión da contaminación ambiental enfocada ao seu control e á minimización dos seus efectos.
  A31 CEO11.- Saber levar a cabo auditorías sobre contaminación ambiental.
  A32 CEO12.- Coñecer os tipos de procesos moleculares e celulares de carácter xeral implicados en patoloxías.
  A33 CEO13.- Saber realizar o diagnóstico molecular de enfermidades e terapia xénica.
  A34 CEO14.- Coñecer e saber aplicar as técnicas de reprodución asistida en humanos e animais.
  A35 CEO15.- Coñecer os procesos de deseño, desenvolvemento e produción de vacinas e fármacos.
  A36 CEO16.- Coñecer os factores xenéticos responsables da resposta variable a fármacos, nutrientes e xenobióticos e saber aplicalos ao deseño de novos fármacos específicos.
  A37 CEO17.- Coñecer e saber aplicar as técnicas de bioloxía forense.
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 CGI1.- Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
  B2 CGI2.- Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
  B3 CGI3.- Capacidade de xestión da información (con apoio das tecnoloxías da información e as comunicacións).
  B4 CGI4.- Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
  B5 CGI5.- Capacidade para identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
  B6 CGI6.- Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas.
  B7 CGI7.- Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que expón a biotecnoloxía.
  B8 CGI8.- Capacidade para lograr unha comunicación eficaz coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación.
  B9 CGIP1.- Capacidade de traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa.
  B10 CGIP2.- Capacidade de traballo nun contexto de sustentabilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio e polos diferentes organismos que o integran, así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
  B11 CGIP3.- Razoamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
  B12 CGS1.- Adaptación a novas situacións legais ou novidades tecnolóxicas, así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia.
  B13 CGS2.- Aprendizaxe autónoma.
  B14 CGS3.- Liderado e capacidade de coordinación.
  B15 CGS4.- Sensibilización cara á calidade, o respecto ambiental, o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000