Guia docente 2009_10
Facultade de Bioloxía
Mestrado Universitario en Neurociencia-Itinerario Profesional
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 Comprender e analizar as bases neurobiolóxicas das enfermidades neurolóxicas e psiquiátricas
  A2 Correlacionar as bases moleculares coas manifestacións clínicas de ditas enfermidades.
  A3 Coñecer os principais métodos terapéuticos que se empregan no tratamento destas enfermidades
  A4 Entender como están a desenvolverse as novas técnicas de diagnóstico e terapéutica en neurobioloxía médica
  A5 Desenvolvemento dos aspectos epidemiolóxicos de enfermidades neurolóxicas e psiquiátricas
  A6 Comprender as bases neurais dos procesos cognitivos en sentido amplo, dende os procesos perceptivos á planificación de movementos voluntarios complexos, tendo en conta a influencia dos procesos emocionais e os cambios que se producen coa idade
  A7 Coñecer os principais métodos empregados pola neurociencia cognitiva actual, con especial enfase nas técnicas psicofisiolóxicas, neuropsicolóxicas e de neuroimaxe
  A8 Familiarizarse coas posibles aplicacións da neurociencia cognitiva tanto para o estudio dos procesos normais como de algunha patoloxías
  A9 Acadar cualificación específica no emprego da técnica dos potenciais evocados no estudio dos procesos psíquicos
  A10 Entender a organización funcional das principais estructuras do sistema nervioso central e periférico nos diferentes grupos
  A11 Usar os principios da morfoloxía comparada como ferramenta para a interpretación e comprensión dos sistemas nerviosos nos diferentes grupos
  A12 Coñecer os cambios adaptativos experimentados polo sistema nervioso durante o curso da evolución
  A13 Coñecer os principios da integración neuroendocrina en vertebrados e invertebrados, como base ao coñecemento do control do comportamento
  A14 Estudiar as bases neurolóxicas dos ritmos estacionais, cómo o uso da enerxía condiciona a expresión, e as implicacións da ritmicidade nos procesos fisiolóxicos de adaptación ao medio en invertebrados e vertebrados
  A15 Coñecer as bases morfolóxicas sobre as que se asentan os síndromes neurolóxicos máis comúns en clínica veterinaria
  A16 Coñecer os paradigmas que se utilizan para modelar o cerebro nos seus diferentes niveis de descrición (do nivel molecular ao nivel cognitivo)
  A17 Entender os modelos matemáticos relacionados cos paradigmas anteriores
  A18 Desenvolver modelos computacionais como técnica para sintetizar as evidencias experimentais e para comprobar hipóteses sobre o funcionamento do cerebro
  A19 Coñecer técnicas matemáticas e computacionais para obter, procesar e clasificar datos obtidos de maneira experimental
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 Coñecer os fundamentos dos diferentes campos da neurociencia: anatomía, fisioloxía, farmacoloxía, bioloxía molecular, xenética, neurociencia computacional, etc
  B2 Coñecer e saber utilizar as técnicas experimentais dos diferentes campos da neurociencia
  B3 Coñecer as novas tecnoloxías e as ferramentas informáticas e estadísticas necesarias para procesar, sintetizar, visualizar e publicar datos do laboratorio
  B4 Posuír un grao de especialización, o que significa o coñecemento de problemas, teorías e técnicas específicas, en alomenos un campo da neurociencia.
  B5 Saber qué preguntas son as relevantes hoxe en día na neurociencia
  B6 Saber cómo ler e obter información relevante de publicacións científicas
  B7 Ter competencia na presentación oral e escrita de resultados científicos
  B8 Saber cómo traballar en grupos de carácter multidisciplinar
  B9 Capacidade de reflexión sobre as responsabilidades éticas e sociais da aplicación da investigación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000