Guia docente 2015_16
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións O tribunal avaliador do Traballo Fin de Grao avaliará e cualificará cada traballo presentado e defendido.

A cualificación será única e terá en conta os seguintes aspectos:

-Memoria do traballo realizado polo alumno e entregada en tempo e forma.
Usarase unha rúbrica de avaliación aprobada a tal efecto pola comisión de traballo fin de grao.

-Presentación oral e defensa diante do tribunal avaliador do traballo realizado polo alumno.
Usaráse unha rúbrica de avaliación aprobada a tal efecto pola comisión de traballo fin de grao.

O modelo de rúbrica usado no curso 2014-15 tanto para a avaliación da memoria como para a presentación/defensa do TFG, pode consultarse na páxina web da facultade, e pode ser tomado como referencia para o curso 2015-16.
http://www.facultadbiologiavigo.es/index.php/trabajo-fin-de-grado.html

-Informe do titor e, de selo caso, do cotutor. O informe estará centrado na avaliación de competencias e será aprobado pola comision de traballo fin de grao.
Na seguinte ligazón pódese consultar o modelo de informe do tutor usado no curso 2014-15, o cal pode ser tomado como referencia para o curso 2015-16.
http://www.facultadbiologiavigo.es/index.php/trabajo-fin-de-grado.html
100 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C25
C26
C27
C29
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tribunal de avaliación do Traballo Fin de Grao: estará constituido por tres profesores da titulación e será nomeado a proposta de Comisión de Traballo Fin de Grao. Constituiranse tantos tribunales como fose necesario para garantir o bon discurrir do proceso avaliador.

Memoria de Traballo Fin de Grao: Coa antelación suficiente, a Comisión de Traballo Fin de Grao establecera os plazos de entrega da memoria do traballo fin de grao. A non entrega da mesma nos plazos establecidos conlevará suspender a materia.

Presentación e defensa do Traballo Fin de Grao: O tribunal avaliador de proba establecera coa suficiente antelación os criterios de avaliación, orden de exposición, lugar e hora de celebración, os cales se farán públicos.

Cualificacións: O finalizar o proceso avaliador, o tribunal publicará de forma conxunta as calificacións que recibiron os alumnos matriculados na materia. Si un alumno obtivese unha calificación de suspenso, o tribunal avaliador entregaralle a él e o seu tutor un informe recollendo as recomendacións para mellorar o traballo cara a súa posterior evaluación noutra oportunidade. En particular se fará fincapé si a nota negativa obtida polo alumno pode ser recuperada nunha segunda oportunidade do mesmo curso ou si, polo contrario, o alumno debe realizar a totalidade do traballo noutro curso académico.

Segunda convocatoria: O alumno poderá recuperar nunha segunda oportunidade no mesmo curso aqueles aspectos que non superou na primeira, sempre e cando o informe que obtivo do tribunal nesa primeira oportunidade así o especifique.

A Comisión de Traballo Fin de Grado establecerá e fará públicos coa antelación suficiente os prazos que rexirán o proceso de avaliación na segunda oportunidade do curso, incluindo os prazos de entrega da memoria e do informe do titor, e a data, lugar e hora de celebración do acto de presentación e defensa do traballo diante do tribunal.

-Horario da materia: non hai un horario establecido; cada alumnos establecerá o seu horario dacordo co titor, normalmente ao longo do segundo cuatrimestre.

-Datas previstas para as probas de avaliación dos TFGs para o curso 2015-16:
as datas foron aprobadas en Xunta de Facultade e poden ser consultadas na dirección web:  http://www.facultadbiologiavigo.es/index.php/fechas-de-examenes.121.html

-Convocatoria extraordinaria de fin de grao: 29/10/2015

-Convocatoria de febreiro/xuño: 18/02/2016 e 14-15-16/06/2016

-Convocatoria de xullo: 20-21-22/07/2016

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000