Guia docente 2013_14
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Produción animal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame formado por preguntas test e preguntas curtas correspondentes ás clases maxistrais e de problemas 60
Seminarios
Valorarase a calidade da memoria presentada, a calidade da exposición e das respostas ás preguntas expostas.
30
Prácticas de laboratorio A asistencia a prácticas é obrigatoria.
Cada un do tres módulos de prácticas (fisioloxía, sanidade e mellora) avaliaranse por separado por asistencia, memoria de prácticas (fisioloxía) ou preguntas (mellora e sanidade). O 50% da nota corresponde ao módulo de Fisioloxía animal. Os módulos de mellora e sanidade representan o 25% cada un.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia deberá realizar obrigatoriamente todas as actividades propostas. En caso de non realizar algunhas delas, a cualificación na mesma será 0 e como tal considerarase na nota final.

Para poder superar a materia esíxese unha cualificación mínima no exame de 3.

Os compoñentes da cualificación final manteranse na convocatoria de Xullo, e seguiranse os mesmos criterios que na convocatoria de Xuño.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000