Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Contaminación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio O alumno deberá entregar un informe de prácticas correspondentes a práctica integrada " Efecto dun contaminante no solo,efectos sobre xerminación, crecemento e outros parámetros fisiolóxicos da planta e efecto na membrana lisosomal de invertebrados edáficos".

Terá que realizar un exame das prácticas correspondentes a Microbioloxía.

O informe e o exame serán avaliados, dando lugar á cualificación de prácticas, que supoñerá o 25% da nota final. É preciso superar o 40% desta nota para facer media coa avaliación da docencia teórica (aula).
25
Outros Avaliación da participación do alumno: a participación do alumno nos seminarios, asistencia a clases teóricas, entrega de cuestionarios de cada tema e realizaciión das prácticas supoñerá un 10% da nota final 10
Estudo de casos/análise de situacións OPCIÓN A: AVALIACIÓN CONTINUA
Avaliación continua da participación na aula mediante traballos de inicio á investigación que supoñen o 65% da nota final. É preciso superar o 40% desta nota para facer media coa nota práctica.
A exposición oral dos traballos terá lugar o 17 de decembro de 2014
65
Outras OPCIÓN B: AVALIACIÓN PUNTUAL
Avaliación mediante un único exame escrito con contenidod teóricos (65%) e prácticos (35%) nas datas marcadas pola Xunta de Facultade (17 de decembro). É preciso superar o 40% desta nota para facer media coa nota práctica. No caso de que realizase as prácticas e de que o alumno entregase o informe e superase esta parte da materia, este exame terá soamente contidos teóricos (65%)
Igual valor que opción A
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a convocatoria de xullo (2-7-15),
conservaranse as partes aprobadas, xa que se presupón que as
competencias, aptitudes e coñecementos adquiridos non se perden

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000