Guia docente 2015_16
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Contaminación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Efecto dun contaminante no solo: estudarase o contido total e a dispoñibilidade. Efectos sobre xerminación, crecemento e outros parámetros fisiolóxicos de plantas. Efecto na reprodución de oligoquetos

Análise microbiolóxica de auga. Detección de indicadores microbiolóxicos de contaminación
Outros Complementarase a parte teórica abordando aspectos que non quedasen claros ou que sexa necesario complementar. Resolución de dúbidas, etc.
Ao final da explicación de cada tema, entregarase aos alumnos un cuestionario de preguntas referidas ao mesmo e que deberán entregar no prazo que sexa fixado oportunamente. Na parte de Microbioloxía, os alumnos cubrirán un test na aula ao rematar a explicación de cada un dos dous temas.
Estudo de casos/análises de situacións PROPOSTA DE TRABALLO PARA A AVALIACIÓN DE DOCENCIA NA AULA (opción A)
OBXECTIVO
Estudo de procesos contaminantes. O obxectivo será escribir un artigo científico sobre o tema. Seguirase o formato e, na medida do posible, as instrucións da revista "Environmental Pollution".

FORMACIÓN DE GRUPOS E ASIGNACIÓN DE TITORES PARA O SEGUIMENTO DO TRABALLO.
En función do número de alumnos matriculados na materia fixarase a comezo de curso o numero de participantes en cada grupo Cada grupo de alumnos estará tutorizado por un dos profesoras da materia que será o encargado de recibir os informes nas datas indicadas e solucionará todas as dúbidas formuladas polos alumnos. A data límite para a formación de grupos é o 10 de setembro.

TRABALLO: RECOÑECEMENTO DO PROBLEMA (data de entrega 21 de setembro)
Elección e descrición do medio ou zona elixida.
Elección do contaminante e organismos baixo estudo
Título e autores do traballo
Xustificar a elección do tema proposto

DESCRICIÓN DOS ELEMENTOS CONTAMINANTES Y ORGANISMOS afectados (data de entrega 6 de outubro)
Identificar, describir e clasificar os contaminantes presentes na zona de estudo.
Identificar os organismos afectados polos diferentes elementos contaminantes.
Describir procesos fisiolóxicos e ecolóxicos afectados.

INTEGRACIÓN DOS PROCESOS: ELABORACIÓN DUN ARTIGO CIENTÍFICO (data de entrega 27 de novembro)
Título, resumo, introdución, descrición do medio, dos organismos e dos contaminantes, discusión dos efectos globais, conclusións, proposta de solucións ou alternativas, agradecementos, bibliografía.

PRESENTACIÓN Y DISCUSIÓN DO TRABALLO (data do exame oficial 11 de decembro)

OPCION B
Realización dun exame final da materia con contidos teóricos e prácticos (ver o apartado outros en avaliación) (11 de Decembro 16-20horas)
Sesión maxistral Desenvolvemento teórico-práctico, presentación de obxectivos e marco conceptual de cada tema, presentando bibliografía específica e exemplos relacionados
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000