Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Contaminación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Efecto dun contaminante no solo: estudarase o contido total e a dispoñibilidade. Efectos sobre xerminación, crecemento e outros parámetros fisiolóxicos de plantas. Efecto na membrana lisosomal de invertebrados edáficos.

Análise microbiolóxica de auga. Detección de indicadores microbiolóxicos de contaminación
Outros Complementarase a parte teórica abordando aspectos que non quedasen suficientemente claros ou que sexa necesario completar. Resolución de dúbidas, etc.
Ao final da explicacion de cada tema, proporcionarase aos alumnos un cuestionario de preguntas referidas ao mesmo e que deberán entregar no prazo que sexa fixado oportunamente
Estudo de casos/análises de situacións OPCIÓN A
PROPOSTA DE TRABALLO PARA A AVALIACIÓN DA DOCENCIA NA AULA

OBXECTIVO
Estudo de procesos contaminantes. O obxectivo será escribir un artigo científico sobre o tema. Seguirase o formato e, na medida do posible, as instrucións da revista "Environmental Pollution"

FORMACIÓN DE GRUPOS E ASIGNACIÓN DE TITORES PARA O SEGUIMENTO DO TRABALLO
En función do número de alumnos matriculados na materia, estableceranse os grupos, cuxo número máximo de participantes será de 3 alumnos. Cada grupo estará titorizado por unha das profesoras da materia que será a encargada de recibir os informes nas datas indicadas e solucionará as dúbidas formuladas polos alumnos. Data límite para a formación dos grupos: 11 de setembro

TRABALLO: RECOÑECEMENTO DO PROBLEMA (data de entrega 22 de setembro)
Elección e descrición do medio ou zona elixida.
Elección do contaminante e organismos baixo estudo.
Título e autores do traballo.
Xustificar a elección do tema proposto.

DESCRICIÓN DAS SUBSTANCIAS CONTAMINANTES (datas de entrega 6 de Outubro)
Identificar, describir e clasificar os contaminantes presentes na zona de estudo.

ORGANISMOS afectados (data de entrega 20 de Outubro)
Identificar os organismos afectados polas diferentes substancias contaminantes.
Describir procesos fisiolóxicos e ecolóxicos afectados.

INTEGRACIÓN DOS PROCESOS: ELABORACIÓN DUN ARTIGO CIENTÍFICO (data de entrega 5 de Decembro)
Título, resumo introdución, descrición do medio, dos organismos e contaminantes, discusión dos efectos globais, conclusións, proposta de solucións ou alternativas, agradecementos, bibliografia.

PRESENTACIÓN E DISCUSIÓN DO TRABALLO (17 de decembro).

OPCIÓN B
Realización dun exame final da materia, con contidos teóricos e prácticos (ver o apartado outros de avaliación).
Sesión maxistral Desenvolvemento teórico-práctico, presentación de obxectivos e marco conceptual de cada tema, presentando bibliografía específica e exemplos relacionados
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000