Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Análise e diagnóstico clínico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Outras AVALIACIÓN CONTINUA (40% da cualificación final):
Os contidos desenvolvidos nas clases maxistrais, prácticas de laboratorio e estudo de casos serán avaliados mediante probas tipo test e de resposta curta, así como mediante a resolución de problemas, estudo de casos clínicos ou presentación de informes.
SEMINARIOS (10% da cualificación final): Resolución e presentación de casos clínicos, exposición e discusión nos seminarios.
PROBA FINAL INTEGRADORA (50% da cualificación final):
Os contidos fundamentais da materia serán avaliados, así mesmo, a través dunha proba final escrita, de carácter obrigatorio que poderá incluír probas de tipo test, cuestións ou exercicios, preguntas de razoamento ou resolución de problemas e análises de casos.
O alumno deberá obter unha cualificación igual ou superior ao 50% do valor da Proba Final para aprobar a materia e que se lle consideren a Avaliación Continua e Seminarios.
A contribución de cada un dos Temas do Programa á cualificación (tanto Avaliación continua como Proba final) será proporcional á carga docente que represente dentro da materia:
Temas 1, 2, 3 4 e 5...50% da nota final
Tema 6...10%
Tema 7...10%
Tema 8...10%
Tema 9...10%
Tema 10...10%
O calendario de exames finais pódese consultar na seguinte ligazón:
http://bioloxia.uvigo.es/gal/docencia/exames
100 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B7
B10
B11
B12
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C21
C22
C25
C29
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D14
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a todas as actividades presenciais é OBRIGATORIA para APROBAR a materia (salvo as ausencias debidamente xustificadas).

Para superar a materia deberá aprobarse a proba final integradora. De non superarse, a cualificación do alumno será a obtida na proba final integradora sobre 10 puntos. Na convocatoria de xullo o alumno suspenso deberá realizar únicamente a Proba Final integradora, manteniéndose a cualificación obtida na Avaliación Continua e nos Seminarios de Casos Clínicos

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000