Guia docente 2013_14
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Análise e diagnóstico agroalimentario
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliaranse a actitude e as capacidades e destrezas adquiridas polos alumnos durante as prácticas, así como a súa capacidade para dar resposta ás cuestións expostas polos profesores en relación coas actividades realizadas durante estas sesións 30
Seminarios Avaliarase non só a capacidade dos alumnos para resolver con éxito os supostos prácticos expostos, senón tamén a súa capacidade para expor de forma clara e defender os argumentos utilizados para a súa resolución 20
Outras Nunha Proba final integradora avaliaranse os coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo das sesións teóricas e prácticas da materia. A proba poderá incluír preguntas tipo test e preguntas de resposta curta nas que o alumno deberá resolver situacións concretas ou casos sinxelos relacionados coa análise agroalimentaria 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia e participación nas Prácticas e Seminarios é obrigatoria, de tal xeito que a
ausencia ou non realización inxustificada destas actividades impedirá superar a materia.

Para superar a materia, e poder sumar as calificacións obtidas nas actividades de Prácticas e Seminarios, deberá alcanzarse unha nota mínima de 4,0 (sobre 10) na Proba final integradora. Os alumnos que non cheguen ao 4,0 na primeira oportunidade serán calificados coa nota alcanzada no examen (sen ponderar) e deberán repetir a proba na segunda oportunidade (xullo). A este alumnos manteránselles as notas de Prácticas e Seminarios para sumalas á nota final alcanzada nesta segunda proba, sempre e cando ésta chegue ao 4,0.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000