Guia docente 2017_18
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Fisioloxía vexetal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia e realización das prácticas de laboratorio obrigatorias. Será obrigatoria a realización dunha memoria de prácticas que será avaliada. A entrega da memoria será obrigatoriamente no prazo establecido polo profesorado. A ausencia inxustificada ás prácticas e a falta da memoria ou a súa entrega fóra de prazo levará o suspenso na materia. 20 A3
B4
C3
C5
C8
C9
C10
C21
C25
C31
D7
D9
Titoría en grupo Seminarios. Asistencia e seguimento obrigatorios. Os contidos do traballo serán avaliados polo profesorado responsable de cada grupo. Existirá posibilidade de autoavaliación, completando unha parte da cualificación. A ausencia inxustificada aos seminarios e a falta do traballo levarán o suspenso na materia. 15 A2
A3
A4
B2
B5
B7
B10
B11
C16
C25
C32
D1
D3
D5
D6
D7
D8
D9
Probas de tipo test Exame obrigatorio. Avaliaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. O calendario de exames finais pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/examenes/exames_grado_2017-18.pdf. As aulas onde se realizarán os exames serán fixadas polo decanato da facultade no seu momento. 65 A1
B3
B5
C3
C6
C9
C10
C16
C17
C18
C32
D1
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os horarios das actividades docentes da materia están accesibles na web da Facultade na seguinte ligazón:

http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/horarios/hor_3grado_2sem1617.pdf

Para acollerse ao itinerario de avaliación continua, as cualificacións mínimas no exame teórico, nos seminarios e nas prácticas de laboratorio terán que ser de 4 sobre 10.

Existe un segundo itinerario coa posibilidade de superar a materia nunha proba final única, oral ou escrita, que incluirá contidos de teoría e prácticas. A solicitude para acollerse a este segundo itinerario deberá ser comunicado ao profesor coordinador da materia ao comezo do semestre e deberá estar suficientemente motivada. A decisión do profesor coordinador sobre a solicitude estará baseada no criterio prioritario de que este segundo itinerario non é o que ofrece aos alumnos as mellores posibilidades de aprendizaxe. A avaliación desta modalidade será ponderada cun 80% para os contidos de teoría do exame e un 20% para os contidos de prácticas.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos traballos titorizados de grupo manteranse na segunda convocatoria, onde se realizarán unicamente as probas de tipo test de teoría.

Advírtese que ao exame de segunda convocatoria soamente poderán presentarse aqueles alumnos cuxa cualificación nas actas oficiais fose de suspenso ou non presentado, dado que os aprobados xa non aparecerán nas actas da segunda convocatoria.

Os alumnos repetidores poderán conservar as cualificacións das prácticas de laboratorio e das titorías en grupo (seminarios) do ano anterior soamente, sempre que as aprobaron. Os repetidores que realizasen as prácticas e seminarios hai máis tempo deberán realizalas de novo para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000