Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Fisioloxía vexetal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia e realización das prácticas de laboratorio obrigatorias. Realización e entrega da memoria de prácticas. 20 A3
B4
C3
C5
C8
C9
C10
C25
C31
D7
Titoría en grupo Seminarios. Asistencia e seguimento obrigatorios. Os contidos do traballo serán avaliados polo profesor responsables de cada grupo. Existirá posibilidade de autoavaliación, completando unha parte da cualificación. 15 A2
A3
B2
B7
B10
C16
C25
C32
D1
D5
D6
D7
Probas de tipo test Exame obrigatorio. Avaliaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. En primeira convocatoria o exame terá lugar o día 30 de maio, as 16:30, e en segunda convocatoria o día 1 de xullo a mesma hora. As aulas serán fixadas polo decanato da facultade no seu momento. 65 A1
B3
C3
C6
C9
C10
C16
C17
C18
C32
D1
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os horarios das actividades docentes da materia están accesibles na web da Facultade na seguinte ligazón:

http://www.facultadbiologiavigo.es/tl_files/Curso%201516/Horarios%20curso%202015-16/HORARIO%203%C2%BA%20grado-2%C2%BA%20sem%2015-16.pdf

Para acollerse ao itinerario de avaliación continua, as cualificacións mínimas no exame teórico, nos seminarios e nas prácticas de laboratorio terán que ser de 4 sobre 10.

Existe un segundo itinerario coa posibilidade de superar a materia nunha proba final única, oral ou escrita, que incluirá contidos de teoría e prácticas. A solicitude para acollerse a este segundo itinerario deberá ser comunicado ao profesor coordinador da materia ao comezo do semestre e deberá estar suficientemente motivada. A decisión do profesor coordinador sobre a solicitude estará baseada no criterio prioritario de que este segundo itinerario non é o que ofrece aos alumnos as mellores posibilidades de aprendizaxe.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos traballos titorizados de grupo manteranse na segunda convocatoria, onde se realizarán unicamente as probas de tipo test.

Advírtese que ao exame de segunda convocatoria soamente poderán presentarse aqueles alumnos cuxa cualificación nas actas oficiais fose de suspenso ou non presentado, dado que os aprobados xa non aparecerán nas actas da segunda convocatoria.

Os alumnos repetidores poderán conservar as cualificacións das prácticas de laboratorio e das titorías en grupo (seminarios) do ano anterior soamente, sempre que as aprobaron. Os repetidores que realizasen as prácticas e seminarios hai máis tempo deberán realizalas de novo para superar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000