Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Fisioloxía vexetal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Asistencia e realización das prácticas de laboratorio obrigatorias. Realización e entrega da memoria de prácticas. 20
Titoría en grupo Asistencia e seguimento obrigatorios. Os contidos do traballo serán avaliados polo profesor responsables de cada grupo. Ademais, en autoavaliación, cada grupo votará "o mellor póster" do congreso, completando unha parte da cualificación. 15
Probas de tipo test Exame obrigatorio. Avaliaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. En primeira convocatoria o exame terá lugar o día 19 de maio, en hora e aula que será fixada polo decanato da facultade no seu momento. 65
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os alumnos repetidores poderán conservar as cualificacións das prácticas de laboratorio e das titorías en grupo (seminarios) do ano anterior, soamente sempre que as aprobasen. Os repetidores que realizasen as prácticas e seminarios hai máis tempo deberán realizalas de novo para superar a materia.

Para acollerse ao itinerario de avaliación continua, as cualificacións mínimas no exame teórico, nos seminarios e nas prácticas de laboratorio terán que ser de 4 sobre 10.

Existe un segundo itinerario coa posibilidade de superar a materia nunha proba final única, oral ou escrita, que incluirá contidos de teoría e prácticas. A decisión de acollerse a este segundo itinerario deberá comunicarse aos profesores ao inicio do semestre.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos traballos tutorizados de grupo manteranse na segunda convocatorias, onde se realizarán unicamente as probas de tipo test.

Advírtese que ao exame de segunda convocatoria soamente poderán presentarse aqueles alumnos cuxa cualificación nas actas oficiais fose de suspenso ou non presentase, dado que os aprobados xa non aparecerán nas actas da segunda convocatoria.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000