Guia docente 2014_15
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Fisioloxía vexetal II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As leccións maxistrais son leccións de 50 min, para explicar e desenvolver os contidos de Fisioloxía Vexetal II. Deben ser completadas con traballo autónomo do alumno utilizando libros de texto e lecturas complementarias (artigos científicos e páxinas web de referencia). Propoñeranse actividades colaboradoras de curta duración en grupos ao azar, algunhas das cales poderán finalizarse como traballo autónomo (v. estudo de casos)
Prácticas de laboratorio Complementan as sesións maxistrais, familiarizando o alumnado coas técnicas de laboratorio en Fisioloxía Vexetal. Realizarán experimentos concretos (v. contidos) cuxos resultados deberán reflectirse nunha memoria de prácticas.
Titoría en grupo En grupos estables de 6-8 alumnos, permiten orientar ao grupo na realización dun traballo bibliográfico a elixir entre unha serie de temas relacionados cos contidos de Fisioloxía Vexetal II. O traballo deberá orientarse á realización dun póster tipo congreso científico que reflicta o estado actual de coñecemento do tema elixido, e que poderá incluír unha proposta orixinal de investigación do grupo. O póster será presentado finalmente a todos os grupos de traballo na aula celebrándose un pequeno simposio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000