Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Ecoloxía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse dúas prácticas: a primeira sobre o desenvolvemento e análise de resultados dun experimento de efectos de factores ambientais sobre o crecemento de organismos; a segunda, sobre a análise de datos (a partir dun mostro no campo ou dun arquivo informático) para a estimación de parámetros poboacionais.
As prácticas terán unha duración de 4 h por sesión (Véxase o calendario en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/grao-en-bioloxia/horarios).
Estas prácticas serán impartidas por Eva Teira e Vanessa Joglar
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse problemas numéricos relacionados cos contidos teóricos da materia. Cada alumno deberá asistir a dúas sesións de 1:30 h cada unha. Estas clases serán impartidas por Bernardino González. (Véxase o calendario en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/grao-en-bioloxia/horarios).
Sesión maxistral Desenvolveranse os contidos do programa da materia mediante explicacións do profesor con axuda da lousa e presentaciiones en Power Point. Estas clases serán impartidas por Bernardino González
(Véxase o calendario en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/grao-en-bioloxia/horarios)..
Prácticas en aulas de informática Introdución aos métodos de simulación dinámica de poboacións. Está práctica terá unha duración de 4 h. Será impartida por José Otero. (Véxase o calendario en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/grao-en-bioloxia/horarios).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000