Prácticas autónomas a través de TIC |
O proceso de aprendizaxe do alumno complementarase mediante o desenvolvemento de actividades non presenciais a través da plataforma de teledocencia TEMA.
Os alumnos poden interactuar co profesor en relación aos contidos da disciplina a través de titoría individualizada para a resolución de cuestións , ou por correo electrónico pola plataforma TEMA.
Nesta plataforma o alumno atopará o material coas presentacións das clases de teoría, lecturas complementarias, documentos para completar e estudar as clases teóricas, o guión de prácticas, listas de problemas, e exames de autoavaliación. |
|