Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Citoloxía e histoloxía animal e vexetal II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos conceptos básicos da materia co obxectivo de que o alumno adquira as competencias básicas. Promoverase o dialogo e o debate en clase sobre a base dalgún exemplo práctico. Realizáranse cuestionarios despois de cada tema ou grupo de temas que, se ben, non computan na nota final si servirán para axustala cara ao aprobado, notable.....
Prácticas de laboratorio Introdución da práctica por parte do profesor seguido da identificación microscópica de tecidos e órganos, seguindo o guión que estará dispoñible na plataforma Tema con anterioridade á súa realización. Adquisición de habilidades básicas asociadas á observación e descrición histolóxica.
Seminarios Nos seminarios o profesor dará unha explicación xeral de varios temas tras o cal cada alumno terá que expoñer sobre a base de dous ou tres fotografías os coñecementos previamente explicados. Ademais formularanse problemas que os alumnos en pequenos grupos terán que resolver.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000