I. Bloque temático. Histoloxía e Organografía Microscópica Animal
|
Lección 1.- EPITELIOS DE REVESTIMENTO E GLANDULARES.
Características xerais dos epitelios e das células epiteliales: polaridade e especializacións. A membrana basal: localización e composición. Histoxénese. Epitelios de revestimento: clasificación e localización. Tipos especiais. Renovación e rexeneración epitelial. Epitelios glandulares: Secreción: concepto e tipos. Clasificación e función. Exocrinas y endocrinas. Control da secreción.
Lección 2.- O TECIDO CONXUNTIVO: VARIEDADES. TECIDO ADIPOSO.
Caracteres xerais: tipos celulares e matriz extracelular. Funcións. Variedades do tecido conxuntivo: tecidos mucoso, reticular, elástico, laxo e denso. Histoxénese. Tecido adiposo: funcións. Histoxénese.
Lección 3.- TECIDOS ESQUELÉTICOS: TECIDO CARTILAXINOSO, ÓSEO E TECIDO CORDAL.
O cartílaxe: caracteres xerais. Variedades e funcións. Crecemento e rexeneración. Tecido cordal. Tecido óseo: tipos celulares e variedades. Organización dos ósos. Osteoxénese e remodelado dos ósos.
Lección 4.- SANGUE E LINFA. A RESPOSTA INMUNE.
O sangue: características xerais. Células sanguíneas: tipos e funcións. A linfa: composición e formación. Hematopoiese. Linfopoiese. Órganos hematopoiéticos e linfoides. Bases celulares da inmunidade. Inmunidade humoral e celular.
Lección 5.- O TECIDO MUSCULAR.
Variedades do tecido muscular. O músculo esquelético. Unión mioneural. Tipos de fibras. Mecanismo da contracción. O músculo cardíaco: características. Discos intercalares. Tecido de condución do estímulo. O músculo liso: características. Modificacións do tecido muscular: os órganos eléctricos.
Lección 6.- O TECIDO NERVIOSO.
Caracteres xerais. Morfoloxía neuronal. A fibra nerviosa. Sinapsis nerviosa e transmisión do impulso. Glía: concepto e características citolóxicas. A teoría neuronal. Histoxénese. Xeneralidades sobre o sistema nerviosos central, periférico e autónomo. |
II. Bloque temático. Histoloxía e Organografía Microscópica Vexetal |
Lección 7.- A CÉLULA VEXETAL E O ORGANISMO VEXETAL.
Características da célula vexetal. A parede vexetal: estrutura e formación. Especializacións da parede celular: plasmodesmos e punteaduras. Organización básica das plantas superiores. Os órganos vexetais: disposición xeral dos sistemas de tecidos e características principais. Formación do corpo da planta.
Lección 8.- MERISTEMOS.
Concepto. Características citolóxicas. Clasificación: meristemos primarios e secundarios.
Lección 9.- PARÉNQUIMA E TECIDOS DE SOSTÉN.
Parénquima: estrutura e funcións. Colénquima: estrutura e variedades. Esclerénquima: tipos celulares. Estrutura, distribución e desenvolvemento.
Lección 10.- TECIDOS CONDUTORES: XILEMA E FLOEMA.
Características e tipos celulares do xilema. Organización do xilema primario e secundario. Floema: organización e tipos celulares. Función e estrutura. Tecidos condutores no corpo primario e secundario do vexetal: estrutura e diferenciación.
Lección 11.- TECIDOS DE PROTECCIÓN E GLANDULARES.
Epidermis: tipos celulares. A cutícula. Estomas: estrutura, función e diferenciación. Tricoma. Peridermis: estrutura. Lenticelas. Actividade do felóxeno: o ritidoma. Estruturas secretoras externas e internas.
Lección 12.- ÓRGANOS VEXETATIVOS.
Raíz, talo e follas: disposición en crecemento primario e secundario.
Lección 13.- ÓRGANOS REPRODUTORES. FLOR, FROITO E SEMENTE
Estrutura da flor. Histoloxía dos estambres: microesporoxénese e formación do gran de pole. Histoloxía dos carpelos: megaesporoxénese e desenvolvemento do saco embrionario. Xerminación do gran de pole. Fecundación. O froito e a semente. |
III Bloque temático: Prácticas |
Práctica 1. Tegumento e glándulas asociadas. Folículo piloso. Glándulas do sistema endocrino: tiroides e suprarrenal.
Práctica 2. Sistema dixestivo: lingua, esófago, estómago, intestino. Glándulas asociadas ao dixestivo I: salivais e páncreas.
Práctica 3. Glándulas asociadas ao dixestivo II: fígado e vesícula biliar. Sistema circulatorio: sangue e corazón. Sistema respiratorio: tráquea e pulmón.
Práctica 4. Sistema excretor: riles. Sistema reprodutor: testículos e ovarios.
Práctica 5. Sistema nervioso: medula espiñal. Organografía vexetal: raíz e follas.
Práctica 6. Organografía vexetal: talos.
|