Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Citoloxía e histoloxía animal e vexetal II
   Contidos
Tema Subtema
I. Bloque temático. Histoloxía e Organografía Microscópica Animal
Lección 1.- EPITELIOS DE REVESTIMENTO E GLANDULARES.
Características xerais dos epitelios e das células epiteliales: polaridade e especializacións. A membrana basal: localización e composición. Epitelios de revestimento: clasificación e localización. Tipos especiais. Renovación e rexeneración epitelial. Secreción: concepto e tipos. Clasificación e función. Control da secreción. Sistema endocrino difuso.

Lección 2.- O TECIDO CONXUNTIVO: VARIEDADES. TECIDO ADIPOSO.
Caracteres xerais: tipos celulares e matriz extracelular. Funcións. Variedades do tecido conxuntivo: tecidos mucoso, reticular, elástico, laxo e denso. Histoxénese. Tecido adiposo: funcións. Histoxénese.

Lección 3.- TECIDOS ESQUELÉTICOS: TECIDO CARTILAGINOSO, ÓSEO E TECIDO CORDAL.
O cartílago: caracteres xerais. Variedades e funcións. Crecemento e rexeneración. Tecido cordal. Tecido óseo: tipos celulares e variedades. Organización dos ósos. Osteoxénese e remodelado dos ósos. Articulacións.

Lección 4.- SANGUE E LINFA. A RESPOSTA INMUNE.
O sangue: características xerais. Células sanguíneas: tipos e funcións. A linfa: composición e formación. Hematopoiese. Linfopoiese. Órganos hematopoiéticos e linfoides. Bases celulares da inmunidade. Inmunidade humoral: tipos de anticorpos. Inmunidade celular.

Lección 5.- O TECIDO MUSCULAR.
Variedades do tecido muscular. O músculo esquelético. Unión mioneural. Tipos de fibras. Mecanismo da contracción. O músculo cardíaco: características. Discos intercalares. Tecido de condución do estímulo. O músculo liso: características. Modificacións do tecido muscular: os órganos eléctricos.

Lección 6.- O TECIDO NERVIOSO.
Caracteres xerais. Morfoloxía neuronal. A fibra nerviosa. Sinapsis nerviosa e transmisión do impulso. Glía: concepto e características citológicas. A teoría neuronal. Histoxénese. Xeneralidades sobre o sistema nerviosos central, periférico e autónomo.
II. Bloque temático. Histoloxía e Organografía Microscópica Vexetal Lección 7.- A CÉLULA VEXETAL E O ORGANISMO VEXETAL.
Características da célula vexetal. A parede celular: estrutura, formación e crecemento. Especializacións da parede celular: plasmodesmos e punteaduras. Organización básica das plantas superiores. Os órganos vexetais: disposición xeral dos sistemas de tecidos e características principais. Formación do corpo da planta.

Lección 8.- MERISTEMOS.
Concepto. Características citológicas. Clasificación: meristemos primarios e secundarios.

Lección 9.- PARÉNQUIMA E TECIDOS DE SOSTÉN.
Parénquima: estrutura e funcións. Colénquima: estrutura e variedades. Esclerénquima: tipos celulares. Estrutura, distribución e desenvolvemento.

Lección 10.- TECIDOS CONDUTORES: XILEMA E FLOEMA.
Características e tipos celulares do xilema. Organización do xilema primario e secundario. Floema: organización e tipos celulares. Funcion e estrutura. Tecidos condutores no corpo primario e secundario do vexetal: estrutura e diferenciación.

Lección 11.- TECIDOS DE PROTECCIÓN E GLANDULARES.
Epidermis: tipos celulares. A cutícula. Estomas: estrutura, función e diferenciación. Tricoma. Peridermis: estrutura. Lenticelas. Actividade do felógeno: o ritidoma. Estruturas secretoras externas e internas.

Lección 12.- ÓRGANOS VEXETATIVOS.
Raíz, talo e follas: disposición en crecemento primario e secundario.

Lección 13.- ÓRGANOS REPRODUTORES. FLOR, FROITO E SEMENTE
Estrutura da flor. Histoloxía dos estambres: microesporoxénese e formación do gran de pole. Histoloxía dos carpelos: megaesporoxénese e desenvolvemento do saco embrionario. Xerminación do gran de pole. Fecundación. O froito e a semente.
III Bloque temático: Prácticas Práctica 1. Tegumento e glándulas asociadas. Folículo piloso. Glándulas do sistema endocrino: tiroides e suprarrenal.

Práctica 2. Sistema dixestivo: lingua, esófago, estómago, intestino. Glándulas asociadas a dixestivo I: salivales e páncreas.

Práctica 3. Glándulas asociadas a dixestivo II: fígado e vesícula biliar. Sistema circulatorio: sangue e corazón. Sistema respiratorio: traquea e pulmón.

Práctica 4. Sistema excretor: riles. Sistema reprodutor: testículos e ovarios.

Práctica 5. Sistema nervioso: medula espinal. Organografía vexetal: raíz e follas.

Práctica 6. Organografía vexetal: talos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000