Citología e histoloxía vexetal e animal II é unha das materias obrigatorias que se imparte no segundo semestre do 2º curso do Grao de Bioloxía. Nesta materia exponse os principios biolóxicos básicos de organización microscópica dos tecidos animais e vexetais, e a súa ensamblaxe na constitución de órganos.
A docencia desta materia inclúe clases maxistrais, clases prácticas en laboratorio e seminarios. Nas clases maxistrais explicaranse os conceptos que se enuncian no temario da materia. Nas sesións de prácticas os estudantes aplicarán os coñecementos teóricos para a identificación histolóxica mediante microscopios tradicionais. Os seminarios permitirán resolver, debater e argumentar sobre cuestións de interese xeral e actual no campo da histoloxía.