Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A asistencia á totalidade das prácticas, salvo falta debidamente xustificada, é preceptiva para superar a materia en calquera convocatoria 0 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B4
C9
C10
C11
C22
C25
C31
C32
D1
D2
D6
D10
D13
D14
D16
D17
Saídas de estudo/prácticas de campo A saída de campo programada considérase parte da docencia práctica; en consecuencia, é preceptiva a asistencia para superar a materia, salvo falta debidamente xustificada 0 A1
A2
B3
B12
C1
C10
C12
C33
D6
D13
D14
Seminarios A asistencia á totalidade das sesións de seminario, salvo falta debidamente xustificada, é preceptiva para superar a materia en calquera convocatoria. O grao de atención e aproveitamento por parte do alumno será avaliado a través dun cuestionario realizado de xeito non presencial que deberá enviarse por correo electrónico antes das 14:00 horas do día 7 de abril de 2017. 10 A2
A3
A4
B2
B3
B5
B7
B10
C9
C10
C12
C15
C28
D1
D2
D3
D6
D10
D16
Outros A confección do herbario é unha actividade obrigatoria. Deberá presentarse, alúmenos, 10 pregos debidamente etiquetados e ordenados. Entregarase á profesora encargada da docencia práctica o día do exame práctico. 10 B2
B3
B4
B5
B10
D1
D2
D6
D10
D13
D14
D16
Probas de resposta curta A parte teórica da materia será avaliada mediante tres probas parciais que consistirán nun combinado de preguntas de resposta curta e preguntas tipo test. Para superar a materia, a cualificación mínima obtida nos dous primeiros exames parciais deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non acaden esta cualificación poderán presentarse ao exame final, que coincidirá coa terceira proba parcial. Para superar a materia, a nota media dos tres exames parciais, ou a cualificación da proba final, deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10. 50 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B5
B10
B11
B12
C2
C10
C11
C13
C19
C22
C24
C28
C32
C33
D1
D2
D10
D13
D16
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O examen práctico constará de dúas partes: unha proba de descrición e identificación dun exemplar utilizando as claves (10%) e unha proba de recoñecemento de "visu" de outros 5 exemplares (10%). 20 A1
A2
B2
B3
B4
B10
B12
C1
C11
C12
C13
C25
C28
C31
D1
D2
D10
D16
Probas de autoavaliación O alumno disporá na páxina da materia na Plataforma TEMA de cuestionarios de autoavaliación para facilitar o estudo da teoría. O período de realización de cada grupo de cuestionarios estará fixado pola profesora encargada da docencia teórica, a fin de programar o estudo secuencial da materia. Os resultados obtidos nos mencionados cuestionarios de autoavaliación suporán o 10% da cualificación final. 10 A1
A2
A3
B2
B3
B5
B10
B12
C2
C10
C32
D1
D2
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN ALUMNOS PROGRAMA MAIORES do CICLO DE INTEGRACIÓN:
-Á asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios (mínimo 80%) lle corresponde o 50% da cualificación global; se asistiran á totalidade das clases se lle engadiría outro 10%.
- Asistencia e participación nas prácticas de laboratorio e saída ao campo, así como a elaboración dun herbario, (20% da cualificación global).
- Realización dun traballo bibliográfico individual ou grupal (20% da cualificación global).

PARA O RESTO DOS ALUMNOS:
A asistencia aos seminarios, clases prácticas de laboratorio e saída de campo é obrigatoria (salvo falta debidamente xustificada); os alumnos que non cumpran este requisito figurarán nas actas como "non presentados".
- Para superar a parte teórica da materia a nota media obtida nas probas parciais ou no exame final deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10. A cualificación mínima esixida nos dous primeiros exames parciais deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non acaden esta cualificación poderán presentarse ao exame final, que coincidirá coa terceira proba parcial da materia. A cualificación media das probas teóricas suporá o 50% da cualificación global. Os resultados obtidos nos cuestionarios de autoavaliación suporán o 10% da cualificación global.
As datas das probas parciais están sinaladas no horario do curso. O exame da convocatoria de Fin de Carreira está previsto para o día 6 de outubro de 2016 ás 12 horas; o exame final e o terceiro exame parcial se celebrará o día 25 de maio de 2017 ás 12 horas e a convocatoria de xullo está fixada para o día 30 de xuño de 2017 ás 12 horas.
- O exame práctico de laboratorio representa o 20% da cualificación global da materia. Consistirá na descrición dun espécime (10%), incluíndo a elaboración do diagrama e a fórmula floral , e a identificación de “visu” de 5 especies da lista publicada na Plataforma TEMA. O examen práctico se celebrará os días 22 e 23 de mayo de 2017.
- Á elaboración do herbario, de alúmenos 10 pregos debidamente etiquetados e ordenados, lle corresponde o 10% da cualificación global.
-Para avaliar a atención prestada nos seminarios (10% da cualificación global), os alumnos deberán responder un cuestionario a proposta dos profesores encargados de impartilos, e deberán presentalo antes das 14:00 horas do día 7 de abril de 2017.
A cualificación final é o resultado da suma das porcentaxes asignadas aos distintos apartados avaliados. Para poder superar a materia na primeira convocatoria é necesario obter nas probas teóricas (ou no exame teórico final) unha nota media igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10, e no exame práctico unha cualificación mínima de 5 sobre 10 puntos. De non conseguir a puntuación mínima o sumatorio da nota final multiplícarase por 0,5.
Dentro do mesmo ano académico conservarase as notas dos diferentes apartados ate a convocatoria de xullo (non se gardan as notas dos exames parciais). Na convocatoria de xullo é posible repetir o exame práctico.
A repetición da materia en cursos posteriores implica repetir a totalidade das actividades.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000