1. AVALIACIÓN ALUMNOS PROGRAMA MAIORES do CICLO DE INTEGRACIÓN: Asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios (mínimo 80%) corresponde ao 50%, ao que se engadiría outro 10% se alcanza o 100%. Asistencia e participación no laboratorio e saída ao campo, así como a elaboración dun herbario, (20%) e á realización dun traballo bibliográfico gupal con alumnos do Grao corresponderá outro 20%. 2. Para o resto dos alumnos, a avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Acta aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas, nen se presentou a ninguna das probas. 3. A asistencia a teoría, prácticas e seminarios só será avaliada positivamente aos alumnos que asistan polo menos ao 90% das mesmas. As situacións particulares que impidan ou dificulten a realización e/ou asistencia a calquera das actividades, por exemplo, un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas á profesora nos 15 días inmediatos á aparición do problema, co fin de intentar buscar unha solución, previa presentación do xustificante (orixinal) da causa do problema. 4. Cualificación da parte teórica: o 25% asígnase á proba integradora (15% memorística, preguntas curtas relacionadas con conceptos básicos e 10%, con axuda de bibliografía, á resolución dun caso real), o 16% corresponde aos cuestionarios non presenciais e o 4% á asistencia e participación nas clases. Ao traballo bibliográfico correspóndelle un máximo do 10%, e debe seguir obrigatoriamente as normas publicadas na plataforma TEMA. 5.Cualificación da parte práctica: ás probas prácticas a realizar no laboratorio correspóndelles: o 10% á descripción dun especime, incluíndo a elaboración do diagrama e fórmula floral, e o 20% restante, á identificación de "visu" de 5 especies da lista publicada na plataforma TEMA. E nas prácticas de campo, o 14% distribúese en 4% para a asistencia e participación en todas as prácticas (laboratorio e campo, 100%) e nos seminarios, e o 10% restante corresponde ao herbario de 10 pregos con especímenes e etiquetas completos. 6. Para poder superar a materia en primeira opción é necesario obter na parte teórica (probas teóricas + cuestionarios + traballo) e práctica (probas de laboratorio + herbario), por separado, o 50% do seu valor. No caso de non ser así o sumatorio da nota final multiplícase por 0,5. 7.Dentro do mesmo ano académico consérvase a parte aprobada ata xullo. No caso de suspender, a matriculación en cursos posteriores implica repetir a totalidade das probas escritas e presentar novamente o herbario e o traballo bibliográfico. |